Mostrando postagens com marcador aromáticas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador aromáticas. Mostrar todas as postagens

16 de jan. de 2019

Operación limpeza

Viñeron un par de operarios xardineiros cortar a herba e botar unha man para mitigar o caos reinante

Así de limpa e ordenada quedou a entrada do xardín
 A pedra que aínda non se usou no empedrado acumulada baixo as tuias formando un milladoiro
Lavanda e romeu rastreiro crecen sen medida agochando a espiral e asoballando o resto de aromáticas

Preparación dos canteiros de plantación con folla seca
 




Detrás, o embalaxe da caseta

25 de out. de 2018

Estragón en flor

O seu nome en botánica é Artemisia dracunculus. As follas do estragón úsanse de condimento nos mollos e ensaladas ou omo aromatizante do vinagre no que se conservan as alcaparras, por exemplo.

9 de jun. de 2016

O xardín no serán todo nublado

O grupo vaise e fican as lavandas, a santolina, o romeu, as mentas e hortelás, o tormentelo espallando os seus recendos e atraendo paxaros que toman conta do xardín.

As nubes beben no estanque alá ao fondo, hoxe non fai falta regar.


13 de mai. de 2016

Flor de cera



Esta marabilla floral, Chamelaucium uncinatum ou Árbore de cera, chegou do aterrado nunha macetiña e medrou así de ben a carón do mar.  Da familia das Myrtaceae, ten un agradable arrecendo a mel polo que as abellas síntense irresistiblemente atraídas. As flores saen a finais do inverno e continúan até o verán. As follas en forma de pequenas agullas lembran as do romeu.





5 de nov. de 2015

dividir para multiplicar

Mirade o fácil que é conseguir unha chea de prantiñas de lavanda



 

16 de abr. de 2015

Planta da cera

Este arbusto de flores aromáticas con recendo a mel atrae abellas e abellóns

6 de fev. de 2015

Romeu en flor



"A la flor del romero,
romero verde,
si el romero se seca
ya no florece."

Federico García Lorca

31 de out. de 2014

A voltas coa espiral

 Así nos atopamos a espiral das aromáticas á volta do verán, chea de herbas, caléndulas e mentas medradas e un tanto desmadradas.

Na veciñanza da espiral están os círculos concéntricos onde crecen o romeu, o boldo de xardín e algunhas herbas das que se botan no cacho de san Xoán, entre elas, un ourego rastreiro e o  mimado tormentelo que vai reptando paseniño diante do caseto.

 Tras a operación de limpeza e poda volven asomar as pedras e no centro destacan tres variedades de tomiño que neste momento están vizosos e aptos para ser divididos pola raíz e así multiplicarse.

3 de jun. de 2014

aromáticas con nome e apelido

A espiral vaise enchedo de carteis cos nomes das aromáticas, o nome común en grande e maiúscula e o nome botánico máis pequeno e en minúscula. Para que non desaparezan coa chuvia, nin co sol as letras están pirogravadas.




21 de mar. de 2014

comezo da primavera

 Con nubes e chuvia, así comeza a primavera. Preparamos o terreo para que crezan  as flores e as verduras: herba cortada no composteiro, limpeza da maleza, delimitar parterres, novas árbores e arbustos plantados, roseiras...



 








2 de dez. de 2013

díctamo de Creta


Un alumno tróuxonos esta herba medicinal da súa terra (Creta), non como na foto da esquerda, fresca e en flor, senón seca e nun saquiño. Parece que é das medicinais máis populares en Grecia e úsase sobre todo para problemas dixestivos.
Chámanlle díctamo (Origanum dictamnus). Tamén ourego cretense.
É da familia das Laminaceae.
Precisa  exposición directa ao sol e un solo ben drenado pois non tolera os encharcamentos.
Imos tentar rescatar algunha semente do noso saquiño de herba seca e plantala no xardín, onde as condicións que esta planta precisa son óptimas: boa exposición solar e drenaxe total xa que o solo é sobre todo area; non en van estamos sobre as antigas dunas da praia de Rodeira...

29 de nov. de 2013

boldo de xardín

Chámanlle tamén falso boldo (Plectranthus barbatus)
 
 É da Familia das Lamiaceae.
Orixe: India;
Ciclo de vida: Perenne;
Condicións de luz: Media-sombra;
Regas: regular (1 ou 2x por semana);
Clima: Tropical, subtropical e temperado;
Floración: primavera-verán.

 
De esquerda a dereita: romeu, aloe vera e boldo de xardín.
 
O boldo propiamente dito (Poemus boldus) é o de abaixo:
File:Peumus boldus - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-104.jpg
Boldo

4 de abr. de 2013

maruxiña no toronxil

 
 
Damos a benvida ás maruxiñas que protexerán as plantas dos pulgóns. Esta parece encantarse co recendo da melisa ou toronxil (herba cidreira).


O tormentelo non quere abandonar o caixón onde o plantamos con todo mimo, entre terra, grava e pedras que imitan o seu hábitat do monte.
 
 
Esta xarxa prendeu dunha ramiña case seca.


19 de out. de 2012

21 de jun. de 2012

tormentelo

Fóra do seu recanto tamén hai aromáticas esperando ser descubertas polo eido adiante. Sen ir máis lonxe, parece que gosta das pedras e da sombra porque prendeu e empezou a espallarse o pedaciño de monte que nos trouxo con tanto mimo Luísa. Esperemos que resista o verán. 


Rapaciña a do gando
con que lavas o cabelo
cunha herba que hai no monte
que lle chaman tormentelo.

20 de jun. de 2012

rotonda de aromáticas

De momento só algunhas clases de menta (piperita, mentrasto, herbaboa), herba de san Xoán, estevia, boldo da terra, melisa, herba Luísa (traída por Luísa), romeo, ourego, chantaxe e caléndula.
Cando crezan haberá que separalas ou poñelas en espiral para que non se toquen as raíces xa que algunhas son plantas alelopáticas que desprenden substancias que non permiten a competencia de outras. Ourego, prixel e mentas poden estar xuntas, pero non outras como romeo, lavanda ou tomillo que desenvolven estratexias para acabar coas veciñas nunha guerra química a través das raíces e cando se tocan empezan a secar. Tamén o liño, xirasol e centeo son un pouco alelopáticas. As bulbosas en cambio si poden ir no medio delas. Crocus e narcisos mesturan ben con aromáticas.



romeu

 herba luisa

menta piperita

Aquí unha divertida e creativa maneira de promocionar o uso dunha planta medicinal, outra forma de poñerse en forma. Isto só podía acontecer na Guiné Bissau.
A ONG AD na promoção da planta moringa, convidou o grupo de jovens músicos de nova geração para a divulgação dos valores desta planta medicinal chamada localmente néné badadji. Esta planta cura muitas doenças.