Mostrando postagens com marcador preparación. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador preparación. Mostrar todas as postagens

31 de mai. de 2019

2 de mar. de 2017

Preparando un anaco de terreo para botar liño

Hai tempo que queremos botar liño, a ver que pasa.O caso é que o tempo vai pasando e o liño vai quedando sen botar.

De momento peneiramos unha tira de terra para a deixar ben lisa sen terróns nin pedregullos para as finas sementes de liñaza.

Di o refrán que a liñaza é das sementes que antes agroman, e que en menos dunha semana xa se ve asomar o liño.


Díxolle o millo á liñaza:
– Ándate ti, espepitada,
que ós tres días estás nada.
E a liñaza respondeulle:
– Seica coma ti, borrón,
que tardas sete semanas
en saíres do terrón”.

Neste vídeo que atopamos na rede, podemos ir vendo o longo e laborioso proceso do liño, desde a plantación ao momento en que é apañado e a partir de aí as innúmeras  tarefas e coidados con que son tratadas as fibras -ripado, empozado, mazado, espadelado, asedado...- a fin de preparalas para ser fiadas e tecidas.



30 de out. de 2014

gacebo ou pérgola??



A idea primitiva era a de facer un cenador ou gacebo de planta hexagonal, pero tras darlle algunhas voltas e pensando na complicación do tellado, optamos por proxectar unha estructura máis sinxela: unha pérgola rectangular, iso si, de proporción áurea!
Tomando medidas.
 Chegada dos primeiros postes de madeira.
Discútense pormenores.
 Unha vez marcadas as dimensións con cordel, comézase a nivelar o terreo.





4 de mar. de 2013

hai patacas debaixo das algas




 
Imos comprobando que hai cultivos que aquí non se dan mal:
 
Pementos e tomates plantados a primavera pasada apañaron no verán todo o sol da praia e a finais de agosto as plantas estaban cargadas de froitos.
 
Os cherris non pararon de producir até ben entrado o outono e eran doces e saborosos.
 
De só dúas plantas saíron unha chea de fermosos cabaciños e outras dúas deron algunhas berenxenas que en cambio non creceron gran cousa. Tampouco as acelgas cundiron moito. As espinafres rastreiras si.
As aromáticas en xeral danse ben, particularmente o ourego rastreiro, o tormentelo, o romeu, a melisa e as mentas, e todas as que nacen vintureiras: macela, mentrasto, chantaxe, dente de león...
 
No que vai de curso, en febreiro xa apañamos un cesto de patacas do cedo que segundo as que as probaron estaban riquísimas.
 
María Rodríguez tróuxonos algunhas máis xa co grelo e partidas para plantar que botamos en tres surcos rodeadas de berzas.
A lúa vai minguando, o que será supostamente favorable ao crecemento dos tubérculos que crecen dentro da terra. A ver. Tamén hai que cubrir con algas a terra porque ademais de aireala, alimenta e dá sabor ás patacas.


 

Algas de cobertura das patacas: nutren dan sabor

18 de out. de 2012

preparativos de outono


Hoxe todo o mundo parece saber o que hai que facer, cada quen a unha tarefa: retirar invasoras,
nivelar a terra, sementar, plantar e colleitar o pouco que queda .
Con toda esta actividade, finalmente vai desaparecendo o montículo de terra e o espazo dedicado á horta amplíase considerablemente.


Por detrás da sebe asoma unha friorenta nube que pasa de rosa a gris así que cae a tarde.


A nube rarea e deixa ver o crecente da lúa.


Así, con esta lúa plantamos repolos e sementamos brécol, nabos e hervillas,
sempre en medio de gran controversia, que se é tarde que se é cedo...
a ver que pasa. 

14 de mai. de 2012

maio maiado

No composteiro van sobre todo follas secas de carballo e castiñeiro e herba fresca recén cortada.

Aquí vai unha cenefa de herba e flores intercaladas, a ver que pasa.

Mediados de maio, flores de falso azafrán, fresas e cebolas.

13 de out. de 2011

observando o que hai


Parece que non hai moito que ver, de momento. Medimos con pasos o terreo para ubicar o sitio destinado á horta.