Mostrando postagens com marcador árbores. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador árbores. Mostrar todas as postagens

12 de abr. de 2018


Para aprender, apreciar, reflexionar e comprender a eses seres silenciosos que nos rodean e a quen á penas coñecemos.

Como se comunican? Que estratexias utilizan para defenderse de pragas e depredadores? De que maneira se cuidan e solidarizan unhas con outras?...

Lectura imprescindible para quen ama as árbores.

26 de jan. de 2017

Tempo de inxertar


Este é un tipo de inxerto chamado de fenda simple.
Coa navalla faise unha escisión na rama previamente podada.
Escóllense pugas ou esgallas que teñan algunhas xemas.

A puga pélase no extremo tendo coidado de deixar algo de pel nos bordes que coincida coa pel da rama onde se inxerta
Pódense poñer unha ou dúas pugas e, unha vez colocadas, átanse ben.

26 de mai. de 2016

Flor de feixoa

A flor da feixoa é doce como o néctar, un auténtico zuga-mel

A feixoa (Acca sellowiana ou Feijoa sellowiana) é unha árbore orixinaria de América do sur. Ten folla perenne. Os froitos, moi aromáticos e saborososo cando están no punto, maduran no outono.
Existen moitas variedades con froitos de forma entre esférica e ovalada e de distintos tamaños, ricos en iodo, folatos (vitamina B9) e vitamina C.
 

5 de mai. de 2016

nogueira

Así de bonita está a nogueira que veu da casa de Agustín, cos seus gomos novos colorados.

Granado

O granado (Punica granatum L.) é unha das árbores máis cultivadas dende tempos remotos. Orixinaria dunha franxa que vai dos Balcáns ao Himalaia, chega a medir de 3 a 6 metros de altura, cun tronco retorto de codia escamosa e gris. Florece de maio a xullo ou máis tarde segundo as variedades botando flores vermellas, brillantes e acampanadas. Precisa auga para dar froito pero ao mesmo tempo atura ben a sequía, chegando a considerarse unha planta de deserto.

18 de fev. de 2016

Entre outras actividades, este xoves limpamos e abonamos arredor das árbores froiteiras. Despois tapamos outra vez coa terra areosa e recolocamos algunhas plantas que darán flores amarelas.

Mandarino abonado e rodeados de caléndulas

Un fiuncho ventureiro libre de herbas que o asfixien xa parece outra cousa, e aínda lle habemos de dar un mellor xeito para que destaque sobre o fondo

Dolores conseguíu plantar unha ringleira de pampillos sen manchar os seus tenis inmaculados


 Experimentamos a plantar unhas gallas de maceira da variedade "espreghe", a ver que pasa

29 de out. de 2015

o home que plantaba árbores



Para o primeiro xoves de mal tempo deste outono que mellor que un conto? aínda que xa o teñamos lido ou escoitado mil veces, nunca nos cansa esta historia de amor ás árbores que nesta versión vai acompañada da música de Paul Winter e narrada pola agradable voz de Lara López, presentadora de "Músicas posibles" en radio3.

20 de jun. de 2014

alumnado da ESO e as árbores froiteiras


Dentro do proxecto "Aliméntate ben" por unha alimentación saudable, o alumnado da ESO comeu máis froita este curso durante algunhas semanas nos recreos. Esta mañá viñeron visitar o pomar do obradoiro de Adultos. Posaron a carón das pequenas árbores froiteiras e probaron plantas aromáticas como a estevia, e plantas de sabor picante como a rúcula. Son de 2º e de 4º da ESO e había quen estaría polo labor de colaborar nas tarefas hortículas o próximo curso. Estaría moi ben!













18 de jun. de 2014

a viaxe da nogueira

Era una tarde de xuño cando saíu do xardín onde tiña as raíces confinadas nunha maceta de barro.
Con toda a súa terra foi transportada ao instituto.

Non debe ser o mellor momento para mudarse de sitio mais as cousas son así, tamén para unha nogueira.
 Agardamos que cos mimos e coidados recibidos prospere na veciñanza dos carballos e da outra nogueira que foi plantada no outono.

11 de jun. de 2013

feixoa



A feixoa (Acca sellowiana) é tamén chamada goiaba do Brasil. A nosa é pequeniña, de momento, pero xa botou algunha flor. As flores son doces e pódense comer ou zugar pola base como un chuchamel.

16 de ago. de 2012

máis que melífera


Esta é outra flor que adoran as abellas, a do eucalipto de xardín ou eucalipto vermello (Eucaliptus ficifolia). Os estames son dunha cor espectacular, non é de extrañar que as golosas abellas se sintan  irresistiblemente atraídas. Tal como decía a dona deste exemplar  "están tan ocupadas alá arriba que nunca incomodan a ninguén".


O eucalipto de flores vermellas prefire solos ácidos, por iso dase ben neste piñeiral de Moledo.

6 de fev. de 2012

plantaba árbores e creceu felicidade



Esta é a historia de como un lugar ermo e sen vida foise transformando grazas á persistencia dun vello solitario; xunto coa prodigalidade da natureza e o paso do tempo.