Mostrando postagens com marcador compostaxe. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador compostaxe. Mostrar todas as postagens

11 de jan. de 2018

Compost para a horta


Visto que a nosa composta non acaba de facerse recurrimos á que deixa o concello a poucos metros do instituto. Parece de boa calidade.

5 de mai. de 2016

Glicinia branca


Esta Glicinia branca (Wisteria sinensis Alba) foi medrando paseniño desde que estamos no xardín e por fin comeza a poñerse pletórica de flores. Imos deixala ao seu libre albedrío, con ese feitío de salgueiro chorón que co tempo cubrirá o estanque.






Na horta leitugas recén plantadas e detrás (do pau do sacho de Alfonso) comeza a adquirir consistencia a nova cerdeira que naceu ventureira.

Ao fondo vense os composteiros:

un de madeira reciclada  que está aí desde que iniciamos o Observatorio e continúa en bo estado a pesar da chuvia e do salitre

outro de plástico -agasallo de Sogama-

por último, un montón de paus e ramas

14 de jun. de 2013

visita didáctica á horta


Por que compostar, que mateirais, onde e de que maneira eran os apartados do tema tratado previamente na aula de 4º da ESO A co apoio dunha presentación. A continuación visitamos o composteiro da horta para comprobar a textura do compost, o sitio entre sol e sombra onde están os contentores e o uso que se fai do material que se "fabrica" no composteiro.
 


30 de mai. de 2013

reciclar a froita


 
Durante a campaña "Unha semana con sabor a froita" o alumnado contribúe á compostaxe cos restos da súa merenda a base de froita.
Despois hai que equilibrar con materiais secos como palla, cartón, follas secas, borras de café... 
A auga, o aire, microorganismos, insectos e sobre todo miñocas fan o resto.
A transformación que ten lugar por medio deste proceso químico chamado compostaxe devolve á terra os nutrientes que directa ou indirectamente saíron dela.
 
Para aprender -moito- sobre compostaxe podemos visitar o sitio web do maestro compostador.

26 de out. de 2012

compostaxe con froita

 
 O instituto participa na semana da froita e o alumnado da ESO vai deixando os restos de mazán, pera e plátano para o composteiro.
Na planta baixa puxéronse carteis para explicar o proceso da compostaxe.
 


 
Un grupo de 3º fixo unha visita ao observatorio para ver como era iso de compostar e algún atreveuse a coller miñocas e lagartixas na man.
 
 

15 de out. de 2012

verdadeiras artífices da compostaxe

 
As abellas e as formigas teñen fama de traballadoras, pero as tímidas miñocas que viven acochadas na terra non paran de preparar o abono para enriquecer a terra que alimentará as plantas. 

17 de fev. de 2012

composteiro

 
Comezamos a compostar, así, sen máis. Merchi chegou cun saco de follas secas, buscamos un sitio  á sombra da sebe.
 

Clemente apareceu coa serra e cortou táboas -recicladas do paseo da praia- para construír o caixón.




Algúns máis axudaron na montaxe.


Agora queda só botar máis restos vexetais e agardar a que se cumpla o ciclo.