15 de jul. de 2022

flor de herba de namorar


A herba de namorar,
a herba namoradeira,
a herba de namorar,
tráiocha na faldriqueira.

Esta planta (Armeria maritima) crece nos areais e entre as rocas da costa. Resiste aos ventos e ao salitre e é símbolo do amor, por iso é coñecida por Herba de namorar. Arredor 
dela creáronse lendas, principalmente na Costa da Morte e costa de Lugo.

Aparece en poemas e cancións como na preciosa Pena Gabeira que cantan Uxía e Guadi e que di así:

Estou no cabo do mundo...estou no fondo da terra.
Traio a auga dos camiños e o naufraxio dos navíos.
E serei na vida fonte...durmirá o sangue no mare,
Veño de ancorar a ialma na herba de namorare.

Se me perdo asulagada na baranda desta pena,
Desemboquen nas entrañas todas as miñas arelas.
Darei cos tesouros certos...eu coa ialma pasaxeira,
Irei co meu paso lento a armar vela na Gabeira.

Deixo o sol que me alumee...esa luz lava os meus ollos....
Brilla como raio verde....a min nada me estremece.
Aqui onde a terra acaba...aqui onde o mar comenza,
Vin chegar barcos de néboa e rios de auga clara.....


31 de mai. de 2019

27 de mai. de 2019

Cando o estanque era novo


Así de refrescante e transparente locía o estanque cando se montou, xa vai para catro anos!



7 de mar. de 2019

Temos unha nova compañeira, Celeste, que ven de Honduras e ten moita gana de traballar!!!
Así dá gusto

Debuxamos unha cuadrícula no canteiro e botamos nas interseccións herbillas, noutro canteiro o mesmo con fabas
A limpeza de plantas advenedizas faise máis doada grazas ao acolchado con follas secas e ramas trituradas




Desolación:  As portas da caseta non pechan!!!!

1 de mar. de 2019

Vai tomando forma o orquidario coas bletillas no centro e os cymbidium en macetas arredor

Tamén se plantan bulbos

Precisamos de máis area!!!

A caseta por fin pechada, daquela maneira...

17 de jan. de 2019

Triturando a ramallada









 Por fin fixémonos cunha pequena tolva para triturar as ramas procedentes de podas e limpeza

O material resultante será a cobertura da horta
deste xeito todas son vantaxes, entre elas:
  • mellórase a estrutura e consistencia da terra
  •  elimínanse plantas oportunistas
  • redúcese a evaporación

Mentres uns trituran os operarios de xardineiría tratan de ensamblar as pezas da caseta que parecen resistirse a encaixar

Montaxe da caseta




Está case...!!!!

16 de jan. de 2019

Operación limpeza

Viñeron un par de operarios xardineiros cortar a herba e botar unha man para mitigar o caos reinante

Así de limpa e ordenada quedou a entrada do xardín
 A pedra que aínda non se usou no empedrado acumulada baixo as tuias formando un milladoiro
Lavanda e romeu rastreiro crecen sen medida agochando a espiral e asoballando o resto de aromáticas

Preparación dos canteiros de plantación con folla seca
 




Detrás, o embalaxe da caseta

25 de out. de 2018

Estragón en flor

O seu nome en botánica é Artemisia dracunculus. As follas do estragón úsanse de condimento nos mollos e ensaladas ou omo aromatizante do vinagre no que se conservan as alcaparras, por exemplo.

10 de mai. de 2018

Sapo

De cando en cando déixase ver un sapiño, pero son tan tímidos que deseguida se agochan e marchan por onde viñeron, isto é, para debaixo da terra.


12 de abr. de 2018


Para aprender, apreciar, reflexionar e comprender a eses seres silenciosos que nos rodean e a quen á penas coñecemos.

Como se comunican? Que estratexias utilizan para defenderse de pragas e depredadores? De que maneira se cuidan e solidarizan unhas con outras?...

Lectura imprescindible para quen ama as árbores.

21 de mar. de 2018


Plantamos fabas e mais ervillas que para conmemorar o comezo da primavera despregan as súas espléndidas flores.