Vai tomando forma o orquidario coas bletillas no centro e os cymbidium en macetas arredor
Tamén se plantan bulbos
Precisamos de máis area!!!
A caseta por fin pechada, daquela maneira...
Mostrando postagens com marcador orquídeas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador orquídeas. Mostrar todas as postagens
1 de mar. de 2019
8 de fev. de 2018
Flores de Cymbidium prontas para abrir
17 de nov. de 2017
Orquídeas a todo florecer
Anunciáronse timidamente e nuns días xa nos estaban sorprendendo con todo o seu despregue de cor.
Se queres acceder a algúns dos seus máis íntimos secretos clica na presentación:
Se queres acceder a algúns dos seus máis íntimos secretos clica na presentación:
Con este capítulo comeza o libro "Las Plantas" de Jean-Marie Pelt, botánico francés que consideraba as orquídeas as plantas máis evoluídas: son ao reino vexetal o que a humanidade é ao reino animal, afirmaba. Foi un dos creadores da famosa serie documental francesa "L'aventure des plantes". Quen non se lembra daquela música?
2 de nov. de 2017
No orquidario atopámonos un par de cimbidium con varas novas:
un con tres e outro con catro. Aínda non sabemos que cor terán as
flores pero é posible que sexan púrpuras como o ano anterior. Tamén se espera que duren até mediados do inverno o que
quere dicir que a floración pode chegar ao día da Candelaria :)


16 de mar. de 2017
Diario do orquidario
Para que deixen de invadir todo tipo de herbas, unha solución drástica: malla e unha cuberta de area de río. Arredor, bulbos variados para animar ás bletillas e cimbidiums a florecer.
Con mimo e coidados, este orquidario baixo a cúpula xeodésica resulta tan delicado como as propias orquídeas...
25 de fev. de 2016
11 de fev. de 2016
Gomos de Bletilla e traballos de carpintería
Durante estes días de entroido pasado por auga, agromou a Bletilla striata...
...e mentras a orquídea florece no orquidario, na pérgola continúan os traballos porque a pesar da chuvia o tellado ten que seguir avanzando.
7 de jan. de 2016
Orquidario con flores
Volvemos das vacacións de nadal e atopámonos esta orquídea en plena floración. Pertence ao grupo das orquídeas de exterior do xénero Cymbidium, un nome que provén do grego kimbe que significa barco, pola forma de barco que ten o labelo da flor. Este detalle é apropiado para este lugar á beira da praia e baixo a rede do cerco que rodea a estructura do Orquidario.
As orquídeas Cymbidium florecen entre setembro e xaneiro e as flores poden ser de cor amarela, verde, branca ou rosa monocromas ou combinadas. Din que poden chegar a dar 25 flores por vara e tres ou catro varas por estación (vese que a estación destas flores é o inverno celta que vai do Samaín á Candelaria).
Esta ten un ton verdoso amarelado e botou praí ducia e media de flores o que non está nada mal.
É a primeira Cymbidium do noso Orquidario en florecer de xeito exhuberante, despois das Bletilla striata que foron as pioneiras na floración e agradecémoslle que responda con esa alegría aos mimos que recibe dos seus coidadores. Esperamos que cunda o exemplo e que as demais plantas do Orquidario se sintan motivadas e nos agasallen cos seus garridos vestidos.
9 de mai. de 2015
16 de abr. de 2015
9 de abr. de 2015
22 de jan. de 2015
Orquidario xeodésico
A "cúpula de Antón" que semella invernadoiro, alomenos asombradoiro vaise convertir de aquí en adiante en Orquidario, porque é -de momento- o sitio máis axeitado do xardín para poñer a resgardo da chuvia e do exceso de sol as orquídeas.
Assinar:
Postagens (Atom)

























