Mostrando postagens com marcador reciclaxe. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador reciclaxe. Mostrar todas as postagens

27 de out. de 2016

Xardín á carta



Cunchas, paus e pedras da praia, rebentos de crasas, area para drenar, algo de terra e os recipientes que xa non nos serven na cociña e xa temos todo o necesario para intentar un xardín en miniatura. Agora, a practicar e a botarlle imaxinación.


10 de out. de 2014

Un recanto para sentar á sombra

Os bancos construídos con palés e táboas do paseo. No medio, un pitósporo ventureiro: o vento ou algún merlo deixou cair a semente procedente dalgún xardín veciño.

4 de jun. de 2014

elementos para un xardín comestible

Un maceteiro reciclado para leitugas: mantéñense limpas, a invasión de gramón e outras herbas está controlada e queda case bonito... Inconveniente: os caracois teñen un agocho estupendo, pero non pasa nada, basta con facer un repaso de vez en cando para envialos ao exilio.

Para os amorodos, uns maceteiros de distintos tamaños en cascada con algún ceboliño polo medio para espantar bichos.

5 de dez. de 2013

xardineira para as crasas


O paseo recíclase par facer a espléndida xardineira que albergará as crasas amontoadas en macetas.

 



Feita nun plisplás!!
 
 
Plantas á espera de recolocación.  

21 de nov. de 2013

reciclando

O equipo da sementeira dixo: precisamos unha mesa. E Agustín preguntou: temos madeira? pois non se fale máis! Así foi como botou a andar este grupo de carpintería orientado á moblaxe do xardín. As ferramentas, iso si, ponas o carpinteiro, que aparece puntualmente ás catro da tarde armado co serrucho, o martelo e os cravos.


Isto promete!!

16 de fev. de 2012

reciclar


Aproveitamos as táboas deterioradas que se cambiaron no paseo para fabricar o composteiro.