4 de jun. de 2014

elementos para un xardín comestible

Un maceteiro reciclado para leitugas: mantéñense limpas, a invasión de gramón e outras herbas está controlada e queda case bonito... Inconveniente: os caracois teñen un agocho estupendo, pero non pasa nada, basta con facer un repaso de vez en cando para envialos ao exilio.

Para os amorodos, uns maceteiros de distintos tamaños en cascada con algún ceboliño polo medio para espantar bichos.

Nenhum comentário: