O granado (Punica granatum L.) é unha das árbores máis cultivadas dende tempos remotos. Orixinaria dunha franxa que vai dos Balcáns ao Himalaia, chega a medir de 3 a 6 metros de altura, cun tronco retorto de codia escamosa e gris. Florece de maio a xullo ou máis tarde segundo as variedades botando flores vermellas, brillantes e acampanadas. Precisa auga para dar froito pero ao mesmo tempo atura ben a sequía, chegando a considerarse unha planta de deserto.
Nenhum comentário:
Postar um comentário