18 de out. de 2012

preparativos de outono


Hoxe todo o mundo parece saber o que hai que facer, cada quen a unha tarefa: retirar invasoras,
nivelar a terra, sementar, plantar e colleitar o pouco que queda .
Con toda esta actividade, finalmente vai desaparecendo o montículo de terra e o espazo dedicado á horta amplíase considerablemente.


Por detrás da sebe asoma unha friorenta nube que pasa de rosa a gris así que cae a tarde.


A nube rarea e deixa ver o crecente da lúa.


Así, con esta lúa plantamos repolos e sementamos brécol, nabos e hervillas,
sempre en medio de gran controversia, que se é tarde que se é cedo...
a ver que pasa. 

Nenhum comentário: