2 de mar. de 2017

Preparando un anaco de terreo para botar liño

Hai tempo que queremos botar liño, a ver que pasa.O caso é que o tempo vai pasando e o liño vai quedando sen botar.

De momento peneiramos unha tira de terra para a deixar ben lisa sen terróns nin pedregullos para as finas sementes de liñaza.

Di o refrán que a liñaza é das sementes que antes agroman, e que en menos dunha semana xa se ve asomar o liño.


Díxolle o millo á liñaza:
– Ándate ti, espepitada,
que ós tres días estás nada.
E a liñaza respondeulle:
– Seica coma ti, borrón,
que tardas sete semanas
en saíres do terrón”.

Neste vídeo que atopamos na rede, podemos ir vendo o longo e laborioso proceso do liño, desde a plantación ao momento en que é apañado e a partir de aí as innúmeras  tarefas e coidados con que son tratadas as fibras -ripado, empozado, mazado, espadelado, asedado...- a fin de preparalas para ser fiadas e tecidas.



Nenhum comentário: