Un alumno tróuxonos esta herba medicinal da súa terra (Creta), non como na foto da esquerda, fresca e en flor, senón seca e nun saquiño. Parece que é das medicinais máis populares en Grecia e úsase sobre todo para problemas dixestivos.
Chámanlle díctamo (Origanum dictamnus). Tamén ourego cretense.
É da familia das Laminaceae.
Precisa exposición directa ao sol e un solo ben drenado pois non tolera os encharcamentos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário