13 de mai. de 2016

Flor de cera



Esta marabilla floral, Chamelaucium uncinatum ou Árbore de cera, chegou do aterrado nunha macetiña e medrou así de ben a carón do mar.  Da familia das Myrtaceae, ten un agradable arrecendo a mel polo que as abellas síntense irresistiblemente atraídas. As flores saen a finais do inverno e continúan até o verán. As follas en forma de pequenas agullas lembran as do romeu.





Nenhum comentário: