Fóra do seu recanto tamén hai aromáticas esperando ser descubertas polo eido adiante. Sen ir máis lonxe, parece que gosta das pedras e da sombra porque prendeu e empezou a espallarse o pedaciño de monte que nos trouxo con tanto mimo Luísa. Esperemos que resista o verán.
Rapaciña a do gando
con que lavas o cabelo
cunha herba que hai no monte
que lle chaman tormentelo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário