20 de jun. de 2012

rotonda de aromáticas

De momento só algunhas clases de menta (piperita, mentrasto, herbaboa), herba de san Xoán, estevia, boldo da terra, melisa, herba Luísa (traída por Luísa), romeo, ourego, chantaxe e caléndula.
Cando crezan haberá que separalas ou poñelas en espiral para que non se toquen as raíces xa que algunhas son plantas alelopáticas que desprenden substancias que non permiten a competencia de outras. Ourego, prixel e mentas poden estar xuntas, pero non outras como romeo, lavanda ou tomillo que desenvolven estratexias para acabar coas veciñas nunha guerra química a través das raíces e cando se tocan empezan a secar. Tamén o liño, xirasol e centeo son un pouco alelopáticas. As bulbosas en cambio si poden ir no medio delas. Crocus e narcisos mesturan ben con aromáticas.



romeu

 herba luisa

menta piperita

Aquí unha divertida e creativa maneira de promocionar o uso dunha planta medicinal, outra forma de poñerse en forma. Isto só podía acontecer na Guiné Bissau.
A ONG AD na promoção da planta moringa, convidou o grupo de jovens músicos de nova geração para a divulgação dos valores desta planta medicinal chamada localmente néné badadji. Esta planta cura muitas doenças.

Nenhum comentário: