21 de jun. de 2012

Entre equinoccio e solsticio creceunos unha horta. Non sabemos moi ben como mais aquí está:
 
 disimulada entre as herbas,
con recunchos á sombra onde agardan e agochan seus segredos algunhas plantas, tal como estes invasivos faroliños chineses (Physalis alkekengi)

arboriñas que esperan o seu turno para ser plantadas, como este alfarrobo

aromáticas"fedorentas" como a ruda,

a deliciosa macela dos campos,

o trevo zugamel que proporciona nitróxeno a terra,
 
e unha chea de flores silvestres.
 
 E polo medio nós, ao noso aire, cada quen por unha esquina,
 

  comprobando que ao millo corvo non o invadan as herbas,

buscando onde poñer as semente de tamarindo,

comprobando o estado das cenouras,

 observando e charlando.
 
 
Grupo do observatorio a pé de horta.

Nenhum comentário: