8 de jan. de 2016

Mapoula da area

Son prantas dunares e a ver se prenden neste terreo areoso para axudar a preservalas. Trátase da mapoula ou papoula das praias (Glacinum flaviun). Tróuxoas un alumno do obradoiro de Historia, e para que non as papen os caracois están protexidas por estas gaiolas que quitaremos cando as prantas estean un pouco máis grandiñas.  Esta pranta que é propia das dunas é capaz de prosperar tamén en zonas terrosas e mesmo en hábitats adversos e de escasa biomasa vexetal (prantas ruderais).
 
En Cangas, a mapoula das praias pódese atopar na zona de Liméns e Punta Balea onde está en risco de extinción polo que sería bo que colonizase tamén os areais de Rodeira aínda que teña que pasar un tempo digamos que en cautividade.

Nenhum comentário: