29 de jan. de 2016

Herba de namorar

Temos xa uns fermosos exemplares de herba namoradeira (Armeria maritima) que axudaremos a propagar nas zonas máis asoalladas mediante división de mata a principios de primavera, por esquexe no verán ou espallando sementes en primavera e outono.  Ela crece tanto na area como enriba dos cons entre ondas e salitre e contra vento e marea; así que malo será que non se dea ben neste xardín dunar que ben a miúdo vese tamén batido polo nordés, e mollado polo vento salgado do sur.

Nenhum comentário: