16 de dez. de 2015

Feridas de morte

Tocón de teixo
Érbedo

 



No xardín de diante, o que dá ao norte, apareceron as árbores mutiladas deste xeito. Quen pasa por alí non entende nada. A quen estorbaban? Cos anos que lles levou crecer, erguer as pólas ao alto, encherse de follaxe e flores.

Pedimos explicacións ao Concello pero a desfeita xa non ten remedio e o máis que se pode é tapar as fendas para que non entre a podremia e agardar a que sobreviva algunha ou rebrote da nada, porque isto non foi poda, foi mutilación pura e dura.



Nenhum comentário: