3 de dez. de 2015

tomate doce de árbore

Hoxe Alfonso, que se apuntou hai pouco no noso Obradoiro, presentounos un froito novo que a maioría descoñecíamos. Chámanlle  Tomate de Aire, Tamarillo e unha morea de nomes máis e parece ser orixinario dos Andes Peruanos. Antes de saber dos seus pormenores e virtudes probámolo porque ademais de traelo ao natural preparou con el un doce; así tras a actividade na horta pasamos pola biblioteca a degustar o Doce de Tamarillo de Alfonso sobre unha rebanada de pan con queixo.

Estaba ben bo!

Nenhum comentário: