Os limoeiros, e
cítricos en xeral son árbores propias dos climas tropical e subtropical que
crecerían optimamente a temperaturas de 23 ou 24 graos aínda que –dependendo das
variedades e saúde dos exemplares- poden resistir fríos até un par de graos
negativos e teñen alta tolerancia ao calor. Require solos ben
drenados.
Utilízase como
condimento, como bebida refrescante –a famosa limonada- e como mediciña xa que é
unha importante fonte de vitaminas e minerais, ademais de ter propiedades antisépticas,
bactericidas e moito máis.
Que contar do limón?
Quen máis, quen menos, ten a súa experiencia con este froito magnífico que sendo
de orixe india, chegou á península da man dos árabes -igual que os números!- alá
polo século XII.
Solitaria e de recendo algo máis suave que a flor de laranxeira, a flor do limoeiro invita a achegarmos o nariz e recrear a imaxinación con toda clase de percepcións que os seus efluvios evocan.
Nenhum comentário:
Postar um comentário