22 de nov. de 2013

a merla e mais o merlo

Era un liquidambar que secou, agora serve de pousadoiro ás aves que veñen de visita.
 
Un merlo toca unha gaita
e converte en alegría
moitas penas, moitos laios
coa cor da melodía.
Unha cor case amarela
verde – azul – melancolía
¡ai, que arrecendo dourado
pousan as notas no día!
¡Que ben que toca ese merlo!
¡Que ben o son que asubía!
¡Que leda que soa a gaita!
¡Que quentor na area fría!
Antonio García Teijeiro

Nenhum comentário: