28 de nov. de 2013

organizando os equipos

Por fin comezaron a formarse grupos para repartir os traballos.
De momento xa botaron a andar:

Grupo das AROMÁTICAS.
Coordina: Merchi Bermúdez
Participan: Mª José González, Olga Pérez.

Primeiro marcamos un rectángulo que tratamos de axustar á proporción áurea con cordel amarrado a catro "paus" de batea chantados nos vértices; a continuación, debuxamos co sacho unha espiral dobre que se vai delimitando con pedras e onde irán a un lado un camiño  e ao outro as plantas aromáticas. Ao cavar atopando máis pedras que amontoamos por tamaños para distintos fins.




Grupo das ÁRBORES froiteiras.
Coordina: Xosé Manuel Bastón
Participan: Segundo Lagoa
 Preparando o burato para plantar a nogueira que trouxo Antonio.


Mentras tanto, no patio montouse una auténtica carpintería improvisada na que outros dous grupos se encargan de construír con materiais reciclados os mobles do xardín. Toda unha eco-carpintería.

Grupo MADEIRA
Coordina: Agustín Iglesias.
Participan: Antonio Córdoba e Manuel




Grupo  SEMENTEIRA..
Coordina: Pili Abeijón
Participan: Mary Barreiro, Fini Lorenzo, Markus, Yrma, Clemente e Carmen.
Para traballar coas sementes máis cómodamente os carpinteiros prepararon un par de mesas a partir dunhas embalaxes de material escolar. Con madeiras que sobraron, uns altiños para os pés.
Pilar pinta unha das mesas tras cubrir con tapaporos e pasar papel de lixa.

Nenhum comentário: