21 de nov. de 2013

cando chega a noite

 Unha vez dentro, porque os días son curtos no inverno, falamos sobre plantas que plantamos ou queremos plantar no xardín. Neste momento tocoulle o turno ao aloe vera, que é planta moi medicinal e da que cada quen comparte a súa experiencia co uso da mesma, que se queimaduras, que se cortes, que se alguén con enfermidade terminal. Os demais toman nota.
Mercedes explica a procedencia da súa planta, que logo sacou fillos dos que pasou un a Merchi que a plantou no seu eido... e que finalmente trouxo para Rodeira, para colocar nun lugar preferente na roda das aromáticas, no centro do círculo.

Nenhum comentário: