Das primeiras en florecer, estas rosas amarelas sen espiñas semellan de papel e desprenden un recendo subtil e delicado.
Son a Rosa banksiae, orixinaria de China central e occidental que nos países anglosaxóns é coñecida como Lady Banks' Rose, Tombstone Roses ou Banks' rose.
Abríu tamén esta rosa vermella...
Iris pertence á familia das Iridaceae. A planta ten un rizoma rasteiro, o seu porte esguío pode atinxir os
60 a 90 centímetros de altura. As follas son ríxidas en forma de
espada e as flores grandes e
perfumadas, neste caso azuis pero poden ser brancas, violetas e
laranxas, todas elas con manchas amarelas.
Tulipán (Tulipa gesnerana), do xénero Tulipa e familia Liliaceae, está entre as plantas de bulbo máis populares, constúe a icónica paisaxe dos Países Baixos, principalmente de Holanda onde as multicolores flores forman auténticas bandeiras arcoiris. O seu nome deriva dunha palabra turca que á súa vez ven dunha palabra persa e ambas as dúas significan "turbante", pola forma que ten a flor antes de abrir.
Flor de cera (Chamelaucium uncinatum) ten unha floración duradeira e o seu aroma a mel atrae moita abellas e outros insectos útiles para a polinización. Como o terreo onde está ubicada está ben drenado e ten bastante sol, este exemplar medrou todo o que quixo e máis.
Pitosporo (Pittosporum tovira) é un arbusto. Chegou aquí ventureiro, traídas as sementes polo vento dalgún xardín veciño e hai varios exemplares xa bastante crecidos. As flores teñen un recendo agradable que lembra a flor da laranxeira.
Nenhum comentário:
Postar um comentário