Limpeza dos canteiros para plantar, de momento escarolas, fabas e herbillas.
Limpeza e poda das roseiras.
Transporte de terra e area para asentar as pedras do camiño.
A arte de pavimentar en portugués chámase "calcetaria".
O noso "mestre calceteiro" arexa a terra cun sachiño para que faga cama ás pedras e próballe o xeito a cada unha para que encaixen ben no seu lugar e fique a superficie o máis lisa posible.
Xardineira dobre para as orquídeas.
Continuando no modo reciclaxe, o especialista en orquídeas e a súa xefa atoparon estes tixolos enormes entre o cascallo. Xa lle deron utilidade facendo estes "adosados" para as dúas especies de orquídeas de interior que conviven dentro do domo, bletilla e os cymbidium.
Nenhum comentário:
Postar um comentário