12 de nov. de 2015

tarefas pendentes

Na estrutura da pérgola cambiáronse as columnas por outras máis altas e máis novas. Quedan por colocar as trabes e botar unha capa de aceite de liñaza para protexer a madeira da intemperie.
 Poda de arbustos (romeu, boldo de xardín, flor de cera “Chamelaucium uncinatum”...)

Plantando dúas citronelas (Cymbopogon), planta aromática orixinaria de Asia e zona mediterránea moi útil para espantar os mosquitos e outros insectos molestos.

Nenhum comentário: