Agochado entre macetas abondonadas apareceu este niño feito de palla e algunha que outra fibra téxtil. Case media ducia de ovos moteados que xuntos non dan para unha tortilla francesa. A nai -ou pai- fuxíu cando descubrimos o escondedoiro. Volverá para acabar de chocalos e alimentar as crías?
A lavandeira (Motacilla alba) é unha ave ben coñecida na cidade, pequena, de cola comprida coa que parece bater no chan e un andar gracioso que a fai parecer ir a todo coso, toda apurada. Vémola a miúdo no parque, na beirarrúa, na beiramar e na beira do río co que non é de estrañar que procure acocho nos balcóns das casas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário