18 de abr. de 2013

aproveitar o bo tempo






Esta primavera non dá tregua, abril é mesmo aguas mil, así que aproveitamos as poucas horas que coincidimos nós e mais o sol para plantar, limpar, recoller e darlle saída a calquera idea como a de construír unha espiral de aromáticas. E nada de medidas, sentido do xiro ou técnicas de colocación das pedras. É dito e feito, e así é como vai.

Nenhum comentário: