19 de abr. de 2012

plantío, sementeira e avaría

Como é venres compramos unhas plantas no aterrado á tía de Pili: cebolas e un pequeno surtido de tomates, pementos e leitugas. Tamén caraveis chinos (tagetes)  para intercalar, algunha aromática máis (herbaboa e menta piperita) e unha crasa (a echevarría) que estaba en flor.
Algunhas alumnas viñeron poñer as plantiñas e tamén sementaron unhas cenorias que no sobre di  "nantesa 2 toro"
Á hora de plantar as flores demos co sacho no cano da auga e naceu un regato, que non durou moito porque xa se reparou a desfeita.



Este cano estaba no sitio propicio para poñer o rego por goteo (e non por sachazo).


Non hai gran cousa pero xa veñen algunhas visitas a curiosear.

Nenhum comentário: