26 de out. de 2011

luz moi especial

Chega a chuvia despois dun longo verán e deixa charcos na herba seca formando espellos onde se miran as nubes e as cores das casas circundantes avivadas pola inminente treboada. Un fin da tarde outonal onde podemos apreciar estratos, ceo gris de chumbo, cúmulos rosados, cirros e mammatus, segundo levantemos a vista cara oeste, leste sur ou norte. E claro, como o sol tamén se coa por este catálogo de nubes non podía faltar un arco da vella. E observando ben, podemos ver que é dobre.









Nenhum comentário: