Un dos elementos máis enxebres do xardín rural é a videira diante das casas. Esta do Guimeráns, a uns poucos metros do instituto, ademais de dar uvas permite o luxo de xantar á sombra e conversar coa vecindade que por alí pasa, como a familia de Fátima que posa baixo os verdes matices das follas. Aproveitando que estamos aquí falamos de comida e neste sitio o rei indiscutible é o martiño, sen ningunha dúbida! un peixe que cando está en comida non ten nada que envexar ao marisco da ría.
Nenhum comentário:
Postar um comentário