Mostrando postagens com marcador poemas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador poemas. Mostrar todas as postagens

24 de fev. de 2017

Plantando versos

Xa que estamos na horta, imos plantar uns versos de Rosalía, a ver se nos crecen poemas. Porque Rosalía ten tanto da terra e é tan fértil que invita a que a leamos neste recanto verde do instituto.
De "Follas Novas" son estes versos:

"Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
...............¡Ai!, ¿de qué a teréi?"


"¡Follas novas!, risa dame
ese nome que levás
cal si a unha moura ben moura
branca lle oíse chamar.

Non Follas novas, ramallo
de silvas e toxos sós,
hirtas coma as miñas penas,
feras, coma a miña dor.

Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Si na gándara brotades,
cómo non serés así!"



Plantando versos