A finalidade do alboio-pérgola era a súa utilización como aula ao aire libre para diversas actividades: artesanías como cestería que desta vez fixemos con puñados de palla de centeo "cosida" con tireta, previo todo a remollar. Tamén vimos posibilidades con outros materiais como casca de silveira de uso tradicional ou tiras de plástico de cores en plan reciclaxe como nalgúns cestos feitos noutros sitios.
O comezo do cesto enroscando un puñado de palla e unindo con tireta coa volta anterior ata formar un caracol, a partir de aí dáselle forma desde un pousa-vasos a salva-mantel, cesto para poñer froita ou cofre con tampa para agochar tesouros e todo tipo de inutilidades ou tamén cousas prácticas.
Como a actividade require concentración ninguén pía, igualiño que cando andamos co telemóbel :(
pero máis saludable :)
Nenhum comentário:
Postar um comentário