27 de abr. de 2017

Liscanso

Ao retirar os adoquíns e pedras que formaban a fervenza do estanque, atopamos este "simpático" animaliño sen patas...

O que di a RAG do bichiño:
liscanzo substantivo masculino Réptil da familia dos ánguidos, de pequeno tamaño, co corpo en forma de serpe e cor entre gris prateada e marrón, do que hai diversas especies, algunhas con patas moi reducidas e outras sen patas. Entre o toxo apareceu un niño de liscanzos. SINÓNIMO escáncer 

Na Wikipedia lemos sobre el:
O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo.
Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.

Nenhum comentário: