1 de jul. de 2016

O sal da Terra, luces e sombras

Reducir vida e traballo tan intensos a dúas horas debe ser sumamente difícil porque Sebastião Salgado ademais de fotógrafo é dunha integridade e sensibilidade especiais. Este documental realizado entre seu fillo Juliano Salgado e o director de cine Wim Wenders e premiado no festival de Cannes en 2014 é  unha viaxe pola biografía de Salgado a través da fotografía, un traballo de máis de cuarenta anos percorrendo medio mundo: os mineiros de Serra Pelada, as montanhas brasileiras de Minas Gerais onde creceu, a vida do pobo papua en Papua Nova Guiné, a agonía humana na África do Sahel, a homenaxe "a todos os homens e mulheres que construiram o nosso mundo" do Álbum  Trabalhadores, así até chegar aos álbumes Êxodos e Gênesis.
Persoas, paisaxes e animais adquiren unha dimensión luminosa, mostrando a súa dor e beleza aínda nas condicións máis radicais. Non en van "un fotógrafo é, literalmente, alguén que deseña o mundo con luces e sombras".




Nenhum comentário: