21 de abr. de 2016

O seu nome científico é Carduelis carduelis. Aliméntase de insectos e sementes de moitas árbores especialmente bidueiro e amieiro, ademais encántanlle os cardos así que non é raro velo nos areais. Aquí podemos escoitar o seu peculiar canto.

Este xílgaro deixouse caer, para súa desgraza, pola praia de Rodeira. Así apareceu o que quedaba del, probablemente despedazado por unha pega. Tomamos nota de que pasou polo xardín.

Nenhum comentário: