Dentro desta carapa negra chamada "bolsa de serea" -e que semella unha vacaloura- medra o embrión da raia. As prolongacións son tubos polos que entran osíxeno e nutrientes da auga do mar servindo ademais para amarrarse ás algas ou outro sustrato mariño. Cando o embrión alcanza a forma de peixe sae por un dos extremos unha raia en miniatura.
As raias pertencen ao grupo Chondrichthyes igual que os tabeiróns e as quimeras.
Témolo atopado na praia de Rodeira e por curiosidade un día abrimos un. Apareceu dentro un peixiño cunha longa cola, latexando aínda vivo e devolvímolo ao mar esperando que sobrevivise. Quen sabe se volvemos atopalo algún día nunha caldeirada.
Nenhum comentário:
Postar um comentário