14 de mar. de 2014

Bletilla striata

Plantamos un rizoma de Bletilla striata chamada tamén Bletia hyacintina, unha orquídea orixinaria de Xapón e dalgunhas rexións da China. Parece ser que é das máis doadas de cultivar e que medra ben á sombra dunha árbore non moi frondosa (sol e sombra). A Bletilla pasa o inverno en repouso, desaparecendo nesa época a súa parte aérea e agroma de novo en marzo para florecer en xuño despregando as súas bonitas flores de cor branca ou rosada. Para non perdela non podemos esquecernos de regala no verán (haberá que ir pensando en deixar reserva de auga para o mes de agosto e cubrir a terra con compost de follas para evitar a evaporación), porque o terreo areoso é a outra das condicións que require e nese aspecto non hai dúbida no noso xardín dunar.

Aspecto da nosa Bletilla recén plantada.








Nenhum comentário: