5 de dez. de 2013

lúa crecente e Venus

A primeira intención deste observatorio era preparar minimamente o terreo para observar confortablemente os astros, sen tropezar con pedras ou cair en buracos como nos pasaba cando viñamos aquí a contemplar os cráteres da lúa ou identificar as constelacións de inverno. Despois o observatorio decidíu ser unha horta e agora quere convertirse en xardín. Aínda así, á hora de recollerse hai quen sinte curiosidade polas luces que se van acendendo sobre a sebe de tuias. Non hai problema: coas novas tecnoloxías basta pasar o dedo pola pantalla para situar calquera astro dubidoso no seu correcto lugar.

 
Algo borroso... pero comprobado!

Nenhum comentário: