17 de out. de 2013

entre libros e mazáns

 
 
Quen non probou as "mazás da casa" non sabe o que é o sabor da mazán. As de "espreghe", as de tabardilla, a "dos tres picos" ou a de "canle gordo" están entre as autóctonas de aquí; esta última, ácida e verdosa con riscas vermellas é excelente para preparar a rica empanada de mazán.
 
Primeiro Xosé Manuel e despois Olga agasalláronnos cunha degustación das mazás de cadansúa colleita, o que levou ao grupo a interesarse pola nomenclatura local, intercambiar impresións encol dos sabores e texturas, partillar experiencias de cultivo, buscar información nos manuais e tomar nota dependendo dos distintos intereses.
 
 

 

Nenhum comentário: