O nome científico é Lucanus cervus. É un insecto da Orden dos coleópteros, que nos tempos en que había carballeiras en Galiza era moi común, xa que nace na madeira podre dos carballos. Coñécese tamén por escornabois ou alicornio, debido probablemente aos chamativos cornos que caracterizan ao macho desta especie.
Esta é a femia, máis escura que o macho que é de carcasa castaña.
Apareceu mentras atabamos as tomateiras, saíndo do rolo de cordón que lle había de valer de casa, e para aquecer subíuse a unha pedra que co seu tamaño débelle de ter parecido un penedo. E alí, púxose a tomar o sol.

Nenhum comentário:
Postar um comentário