21 de mai. de 2013

tomate e liberdade

O verán pasado a colleita de tomate na nosa horte foi sorprendentemente boa. Os grandes (corazón de boi) eran preciosos, os cumatos e os de pera abundantes e os cherries ou tomates-cereixa, saborosos como frutas silvestres, non pararon de producir até ben chegado o outono,

En cambio, este ano non tivemos tempo -nin meteorolóxico nin cronolóxico- ou o momento axeitado para plantalos. Puxemos una ducia deles (de corazón), pero estamos a finais de maio! Iso si, a lúa vai en crecente. A ver que pasa. Plantamos dúas fileiras bordeando os pementos italianos e de Padrón que tamén se plantaron esta tarde.

 Ademais a cúpula vai a todo coso e está case lista para ir ao terreo. 

Na web de planetahuerto pódese ler sobre o cultivo do tomate.

Coa excusa do tomate, esta curta brasileira de 1989, ven moi a conto para reflexionar sobre os tempos que corren, pero non corren tanto como para deixar atrás arrepiantes realidades.

  

Nenhum comentário: