13 de jan. de 2013

lúa de xaneiro

A lúa de xaneiro comeza no novilunio (desta vez, o día 11) e domina até o minguante seguinte. Pouco despois de nacer, o crecente semella un cesto.

"Lúa deitada, mariñeiro a pé"

Parece que virán días seguidos de chuvia, había lúa nova en pleno temporal o pasado fin de semana.

"Lúa nova con treboada, trinta días mollada"

Lúa dos gatos, lúa do vento.
Os gatos andan ás xaneiras,
máis revoltosos do habitual.

O 22 deste mes é San Vicente e as viñas xa tiñan que estar podadas. De podárense con lúa de forza (de crecente á plenilunio) ás viñas váiselle a sabia, dise que pinga ou chora.

"Ao chegar a San Vicente,
nin minguante nin crecente"

É o momento de sementar cereais como o centeo:

"No mes de xaneiro
sementa o centeo,
faime boa cama
e déitame na lama"

E de estar bo tempo, un óptimo mes para observar o ceo, con fenómenos como a chuvia de estrelas das "cuadrántidas".

"A la luna de enero
yo te comparo
que no hay luna tan clara
en todo el año"

Nenhum comentário: