Esta tarde botamos unhas poucas patacas. Foi idea das mulleres que veñen a clase polas tardes. A semana pasada e había unha discusión nos bancos da planta baixa, que se xa era tempo de botar as patacas do cedo que se había que esperar a que pasara o San Martiño... Finalmente, hoxe luns apareceron as patacas e sen máis discusión foron para a horta. Limpamos de gramón a terra e fixemos tres regos, un deles con pataca vermella e dous coa branca e deixamos o resto para botar cando pare de chover.
Botamos esta primeira tanda en plena lúa nova e puxemos algo do noso compost polo medio. Esperaremos á semana que vén para cubrir co sargazo pois din que as algas fanlle ben ás patacas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário