19 de out. de 2012

corro de bruxas

Despois da chuva o campo e o monte ínzanse de cogumelos, principalmente no outono.
O micelio, que son como fíos brancos enredados, crece baixo terra e cando se presentan as condicións axeitadas aflora o seu corpo fructífero denominado tamén carpóforo, o que nós coñecemos como cogumelo.
 
Ás veces os cogumelos forman un círculo, como este que apareceu no lado oeste da horta. Estes círculos son chamados corro de bruxas ou aneis de fadas e a súa aparición estaba no pasado ligada a lendas e supersticións. Se temos en conta que a praia de Rodeira foi famosa polos aquelarres que se celebraron en tempos da inquisición, a explicación histórica e mítica para o noso anel ten fundamento abondo. O único é que xa nos quedan lonxe dos tempos das bruxas.
 



Neste anel falta un anaco, iso pode significar que debaixo da superficie hai ou había nunha etapa anterior do crecemento unha boa pedra coa que o micelio tropezou. Lemos a explicación no blog refungando.



Parecen Marasmius Oreades (senderuelas ) lástima non as ter visto namais sair para comelas!
Cuidado: poden confundirse co Marasmius Collinus que a diferenza das anteriores que son comestibles e de olor agradable,  é tóxica, ten cheiro desagradable e o seu pé é máis doado de romper que o de Marasmius Oreades.

Nenhum comentário: