O azafrán ou sasafrán (Crocus sativus) é un bulbo que dá unha pequena flor malva da que se extraen tres hebras -que son os estigmas da flor- que dan lugar ao carísimo condimento que leva o seu nome e que ten unha interesante historia.
Por outra banda no monte crece unha flor parecida que sae ao chegar o outono e os días empezan a minguar polo que xa non dá para merendar ao aire libre chamada tollemerendas, quitamerendas e tamén azafrán das meigas (merendera montana ou crocus montanus)
Parece ser que tamén lle chaman merendeiras, merendiñas, outonos ou herba colunda.
Máis detalles e acepcións no dicionario de dicionarios.
(foto)
Por último, hai quen chama azafrán a estas flores todas coloridas, que son o alazor, cártamo ou falso azafrán (Carthamus tinctorius) e que nós sementamos na beira máis occidental da horta, por imitar as flores as cores do solpor.
Nenhum comentário:
Postar um comentário