21 de jul. de 2011

a praia

Esta é a praia de Rodeira. Antigamente chamábanlle a praia das areas gordas. As lendas falan de aquelarres, historias de lume e de meigas. Por ela paseaba as súas penas María Soliño logo de perder a familia cando o ataque dos turcos.
Celso Emilio Ferreiro escribíu o seu poema:

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.





Na baixamar a praia parece enorme. Continúa polo paseo e o aterrado, até chegar ao peirao.

Nenhum comentário: